miércoles, 29 de mayo de 2013

Ensaiando para o festival




Aquí ensaiamos con 3º A e con 5º B. A verdade é que se portaron moi ben e as actuacións saíronlle xenial! Estou moi leda co voso traballo, rapaces e rapazas ;)


Xa fixemos o festival de música do cole!

Déixovos aquí algunhas fotos, porei máis, en canto me pasen máis...




miércoles, 22 de mayo de 2013

Traballos de música

O alumnado do 3º ciclo de primaria fixo uns traballos excelentes, que, na súa maioría estarán expostos o Día do Festival de Música. Lembrádevos, é o vindeiro 27 de maio ás 15.45 da tarde. Estades convidados e vir:





viernes, 17 de mayo de 2013

The Beatles -Something

Nalgunha clase de música escoitamos algún tema deste grupo tan importante.

The Beatles foi unha banda de pop rock formada en Liverpool (Reino Unido)  activa durante a década dos 60  e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música. Fundouse en  1962 por John Lennon (guitarra, vocalista), Paul McCarthney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarrista e vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no  rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo outros elementos,, de xeito innovador nas súas cancións. A natureza da súa enorme popularidade, que emerxera primeiramente coa moda da «Beatlemanía», transformouse á vez que as súas composicións se volveron máis sofisticadas.

Un dos temas máis coñecidos é este Something, aínda que coñecemos, outros moitos como: Yellow Submarine, Twist and Shout, Strawberry fields forever, Yesterday, Hey Jude...

Nenos e nenas, se queredes escoitar boa música  e mellorar a vosa competencia en inglés recoméndovos estas cancións dun dos meus grupos preferidos.


Patio de infantil

Estou encantada de xogar cos meniños e coas meniñas no patio de infantil. Son persoíñas moi cariñosas. Danche abrazos, bicos...
Ás veces facemos percusións corporais, cantamos cancións, doulle voltas para enredar, corro a pillalos, demóstranme as súas creacións que fan coa area e coas pedras coa súa infinda imaxinación.

-Profe,  ¿quieres tarta de chocolate (de gravilla)?
-Claro, está  riquísima!

Ou queren ser superheroes e entón cólloos polo aire! Cando choran, Elena e máis eu, sempre lle damos mimiños etc. 

O outro día fixemos ritmos sinxelos no tren, como amosa esta foto.










6º A ensaiando o baile de Quempallou

Os ensaios con 6º A están sendo divertidísimos. Cada vez, fanno mellor. A verdade é que temos unhas bailadoras fantásticas como Aldara (que ademais é unha poeta estupenda), Uxía (unha das rapazas con máis aptitudes para a música, Lara (que xa toca catro instrumentos este ano), Juan (co que estiven vendo unhas partituras máis difíciles de guitarra,  Alba (que ten o ritmo nas veas e en poucos días púxose ao día co grupiño de guitarristas do cole en canto conseguiu unha guitarra)... Os demais, cada vez pórtanse mellor e bailan con máis xeito.


E o vídeo de Quempallou por se queredes practicar na casa:



Celebramos o Día das Letras Galegas

No colexio o día de onte fixemos actividades arredor do homenaxeado deste ano, Roberto Vidal Bolaño. Nado en Compostela en 1950 e falecido na mesma cidade en 2002 foi un actor, director e escritor de teatro fantástico. Alén diso, traballou sempre na defensa da lingua e en prol das condicións de vida dos traballadores do teatro, sector que agora, como outros moitos, está en crise. Recibiu numerosos premios como o Abrente, o Facho o María Casares... E destacou polo seu labor reivindicativo. Rubén Ruibal (autor e actor de teatro), lémbrase del cun sorriso de pallaso de nariz vermello. Escribiu obras como Saxo tenor, A ópera do patacón e o Circo de medianoite (colectiva), entre outras moitas.

No colexio traballámolo coas TICs, cun debuxo, cunha exposición e incluso os alumnos fixeron unha obra del que representaron en varias ocasións.

Ademais, no cole temos As vitaminas para o galego que fixeron os alumnos do proxecto Fala coa túa lingua, xa que se temos a riqueza de ter lingua propia, é preciso decatarnos e facer uso de cantas máis linguas, mellor.







Roi Casal -Ninfa das augas frescas

Póñovos unha canción deste músico excepcional que pertenceu a banda sobranceira da música galega Milladoiro. Agora fixo unha carreira por separado, xunto cos seus outros músicos. Céntrase na música tradicional con matices pop.  Ten letras propias e musica poemas de Rosalía de Castro e Manuel María. É o fillo dun dos fundadores de Milladoiro, Nando Casal.
Este grupo está considerado como a banda máis internacional do folk galego. Creouse no ano 1978 na Coruña.


sábado, 4 de mayo de 2013

Cancións de berce para os máis pequenos- Lullabies- Nanas

Cando están moi cansos os meniños e as meniñas (case nunca), boto man da musicoterapia e facemos relaxación con este tipo de cancionciñas. Son versións de clásicos do rock feitas cancións de berce para durmir para facer exercicios de respiración, xogos relaxantes...  Tamén lles poño algunhas clásicas. Se queredes empregalas cos vosos cativos cando non paran quedos ou teñen que ir durmir, coido que é de gran axuda:

Déixovos esta versión do clásico de Pink Floyd I wish you were here:


E esta Serenata Nocturna de Mozart, compositor austríaco fundamental no Clasicismo e na historia da música, que se caracteriza por emocionar coas súas melodías sinxelas:


Ou o Sweet Child of mine de Guns and Roses feita lullaby:






Agardo que vos sirvan para adormecer ás vosas crianzas tan lindas! They´re so cute! I love your children!




Rhapsody in blue- George Gershwin

Déixovos este vídeo dunha música deliciosa feito cómic que me puxo un profe do cole. Compúxoo G. Gershwin para piano e banda de jazz en 1924. Foi estreada como un experimento da música moderna daquel tempo. 


Ensaiamos con 5º A e B

Estou encantada cos ensaios das nenas e dos nenos de 5º. Sáelles moi ben e teñen moito entusiasmo pola música. Déixovos unhas fotos que reflicten o  agradable traballo destes días. Parabéns rapaces. Estou moi orgullosa de vós!









6º B

Adoro aos rapaces e rapazas de 6º B, que veñen nos recreos a ensaiar pandeireta e guitarra (tamén algúns doutros cursos). Estes, ademais, son brillantes, teñen entusiasmo sempre e normalmente pórtanse ben. O outro día algún estaba disgustado porque baixara algunha nota. Moito ánimo mozos e mozas, que aínda podedes esforzarvos un chisco para conseguir mellores resultados, coma sempre!









Adícovos un vídeo, porque sei que tendes que estudar moitísimo!!!

 

4º B - Traballando a creatividade

Déixovos unhas fotos que sacamos hai tempo sobre exercicios feitos coa técnica Dalcroze. El dicía que había que sentir a música manifestándoa na expresión corporal. A partir deste método o alumno emprega a imaxinación para crear a través da improvisación.  A partir de aí, podemos aprender conceptos musicais como melodía, harmonía, tipos de compases, matices de intensidade, como facía Dalcroze, pero sempre partindo de algo lúdico e creativo onde os nenos manifesten a súa sensibilidade musical a través do movemento.






4 anos


Os pequenos de 4 anos tamén o pasan xenial tocando instrumentos de pequena percusión. Ás veces facemos ritmos sinxelos, ou ben, acompañamos unha canción ou cantamos os números en galego, castelán e inglés ata 20 tocando un golpeven cada número  cos instrumentos.







E a canción do Polo Pepe, neste link: http://www.youtube.com/watch?v=2rHNARR-Yps

miércoles, 1 de mayo de 2013

Grupiño de pandeiretas

Aproveitando que no cole temos unha morea de pandeiretas, algúns rapaces e rapazas de 6º B, xunto con Carlota preparamos unha sorpresa para o festival. Déixovos unha foto que fixemos no recreo doutro día.


Tchaikovsky- O lago dos cisnes

Nas clases de música de primaria hai tempo escoitamos a este compositor ruso do Romanticismo. Nalgún curso fixemos unha audición cunha ficha e noutros, empregámolo para facer exercicios de creatividade co método Dalcroze (un pedagogo musical). Como xa sabedes, foi un compositor que fixo ballets fantásticos como este Lago dos Cisnes ou o Quebranoces (Cascanueces). Tamén compuxo concertos e sinfonías, óperas e pezas para piano. As súas melodías destacan por ser vivas e harmónicas. Emprégase moito na musicoterapia, xa que harmonicamente fainos vibrar e sentirnos ben ao escoitalo.